Tódolos nosos cachorros son entregados a partires dos 4 meses de idade nas seguintes condicións:

-previa firma do contrato por ámbalas dúas partes
-vacinados dúas veces de trivalente
- cacinados de rabia se marchan ó extranxeiro
-desparasitados externa e internamente
-identificados con microchip
-cun certificado veterinario de boa saúde
-con Pasaporte Europeo
-con pedigree FIFé

O depósito é a única garantía de reserva. Ningunha reserva se devolve.

Como tódolos nosos gatos, os cachorros viven con nós na casa, se desenvolven nun ambiente familiar,
afeitos ó trafegar, ás visitas, ós ruidos, etc. O tempo de socialización de tres meses é moi importante para
asegurarnos de que o gatiño teña un caracter equilibrado e cariñoso. Se non se respeta esta importante etapa
de formación do cachorro córrese o risco de o gato sexa pouco sociable e medoñento. Por outra banda, a partires
dos 3 meses o gatiño acada unha inmunidade óptima e está mellor preparado para marchar ó seu novo fogar.

Para nós, a cría de gatos é algo moi serio e importante, por iso tratamos de elexir ós futuros donos dos nosos
gatiños coa maior rigurosidade posible. A incorporación dun gatiño ó fogar é unha decisión que debe ser
moi ben pensada, porque o gato compartirá 15-18 anos da nosa vida, e isto conleva asumir o bo e o malo.
Os futuros donos deben ser persoas responsables, agarimosas, que lle proporcionen ó gato tódolos coidados
que precise, moito amor e un fogar seguro.

Non vendemos gatos a fogares nos que teñan saída libre ó exterior. No caso de finca ou xardín, este debe estar
preparado para evita-la fuxida do gato. Si o novo fogar é un piso, os balcóns e fiestras deben estar protexidos para
evita-la caída do gato. Podemos asesorarte e aconsellarte para que o teu fogar sexa un lugar seguro para gatos.

É moi importante para nós manter o contacto cos donos de gatos Jakobusland. Góstanos saber cómo se van
desenvolvendo, qué peso acadan, cómo están de saúde e por suposto disfrutamos recibindo fotos.
Estamos sempre a disposición dos donos dos nosos gatos para asesoralos e aconsellalos en todo o que nos
sexa posible, tanto en temas de saúde como de comportamento, etc.

Os nomes dos nosos gatiños adoitan ser topónimos de Galicia (chamada Jakobusland polos Vikingos).
Así, os gatos Jakobusland levan nomes de aldeas, montes, praias, illas...
Podes atopar a ubicación real destes lugares no buscador do Nomenclátor ou na web de Turgalicia.

Como os nomes dos gatiños son galegos, decidimos utiliza-lo alfabeto galego (distinto do castelán ou inglés)
para nomear as nosas niñadas:

Gatos dos Bosques de Noruega Jakobusland*ES
Gondomar (preto de Vigo), Pontevedra, España