O BOSQUE DE NORUEGA
                 

As oríxes

     

O estándar

     

¿Cómo é un Bosque?

           

 

AS ORÍXES

 

Como o seu nome indica, os gatos dos Bosques de Noruega (“Norsk Skogkatt” en noruegués) proceden das zonas boscosas escandinavas. A uúa orixe non está del todo esclarecida, aínda que a presencia de gatos grandes e peludos na mitoloxía escandinava (dous deles tiran do carro da diosa Freya) indica que posiblemente os vikingos xa convivisen e viaxasen con estes gatos. As duras condicións climáticas e de vida fixeron que esta raza desenvolvese un formidable pelaxe, unha saúde de ferro, un tamaño grande e unha extraordinaria habilidade para a caza. Esta última característica foi a que o uniu principalmente ó home, que apreciaba cómo este gato libraba as súas granxas dos roedores.
As primeiras referencias escritas desta raza aparecen no século XVI nembargantes ata os anos 30 do século XX os noruegueses non comenzan a valorar ó seu gato autóctono, que hoxe en día é mascota oficial do país. Comenza entón un serio programa de cría coa intención de protexer a raza e dala a coñecer. En 1976 os Bosques de Noruega son recoñecidos como raza pola FIFé (Fédération Internationale Féline).
Ata 1990 estivo permitido utilizar na cría selectiva Bosques recollidos directamente da naturaleza ou das granxas, pero hoxe en día xa non é posible.

O ESTÁNDAR

 

O Bosque de Noruega é un gato de pelo semilongo, forte e de tamaño grande. Neste apartado describese

o estándar da raza aprobado por FIFé, aínda que noutras federacións o estándar pode variar nalgúns puntos.

Tamén se presenta a escala de puntos á hora de avaliar un gato e o código EMS.

Pódense consultar tódalas variedades de cor do Bosque de Noruega recoñecidas por FIFé neste enlace.

Xeral

Tamaño

Grande
Cabeza
Forma

Triángulo equilatero; cabeza con boa altura vista de perfil;

frente lixeiramente redondeada; perfil longo e recto,

sen ningunha ruptura na línea (stop).

Mentón
Firme
Orellas
Forma

Grandes, con boa anchura na base; extremos puntiagudos;

con pincéis de lince e pelo longo sobresaíndo por fora das orellas.

Emprazamento

Altas e abertas, de xeito que as líneas exteriores das orellas continúen

ás da cabeza ata o mentón.

Ollos
Forma
Grandes e ovalados; ben abertos; situados de forma lixeiramente oblícua.
Expresión
Expresión alerta
Cor
Tódalas cores están permitidas, independentemente da cor do manto.
Corpo
Estructura

Longo, complexión forte; sólida estructura ósea.

Poutas
Xeral
Fortes e altas; as poutas traseiras máis altas cas dianteiras.
Gadoupas
Grandes, redondeadas, en proporción cas poutas.
Cola
 

Longa e poboada; debe chegar ata os hombros, pero

preferiblemente ata o pescozo.

Manto
Estructura

Semilongo. O subpelo lanoso está cuberto por unha capa de pelo

de cuberta repelente á agua, que consiste en pelo de garda longo,

forte e brilante cubrindo toda-las costas e lateráis.

Un gato co manto completo terá un bo colar e pololos.

Cor

Tódalas cores están permitidas, incluídas tódalas cores con branco, excepto:

o patrón colourpoint (siamés), as cores chocolate, lila, canela e beige.

Está permitida calquera cantidade e distribución de branco.

Comentarios
Xeral
Debe ser tido en conta o lento desenvolvemento desta raza.
Cabeza

Os machos completamente desenvolvidos poden ter

a cabeza máis ancha cas femias.

Manto
  • O manto debe ser avaliado só en canto a súa textura e calidade.
  • A lonxitude do pelo de cuberta e a densidade do subpelo varían
  • según a estación do ano.

  • A un cachorro pódelle levar 6 meses o desenvolver os pelos de garda.
Defectos
Xeral
Gatos moi delgados ou de estructura fina.
Cabeza
  • Cabeza redonda ou cadrada
  • Perfil con ruptura de la línea (stop)
Orellas
  • Demasiado pequenas
  • Demasiado xuntas
  • Demasiado separadas
Poutas
  • Cortas
  • Finas
Cola
Corta
Manto
  • Seco
  • Con nudos ou pegoteado
  • Demasiado sedoso

 

Puntos
 
Cabeza
Forma xeral, frente, naris, perfil, mandíbula, dentes, mentón.
20
Orellas
Forma, tamaño e emprazamento.
10
Ollos
Forma i expresión.
5
Corpo
Forma, tamaño, estructura ósea das poutas, forma das garras.
25
Cola
Tamaño e forma.
10
Manto
Calidade, textura e lonxitude.
25
Condición
 
5

 

Código EMS no Bosque de Noruega
Razas

 

NFO
Bosque de Noruega
Cores
 
n
negro
a
azul
d
vermello
e
crema
f
tartaruga negra
g
tartaruga azul
w
branco completo
s
silver (prateado)
y
golden (dourado)
t
ámbar
Cantidade de branco
 
01

Van

(só cor na cabeza e cola)

02

Arlequín

(cor na cabeza, cola e algunhas manchas no corpo)

03
A cantidade de branco cubre ó redor do 50% do corpo
09
Menos do 50% do corpo con branco
Debuxo tabby
 
21

Debuxo tabby indefinido

(en gatos van e arlequín nos que o debuxo está oculto polo branco)

22
Tabby blotched
23
Tabby mackerel
24
Tabby spotted
25

Ticked

(pelo agoutí pero sen debuxo, como o dos Abisinios)

11

Shaded

(só para gatos golden e silver)

12

Shell

(só para gatos golden e silver)


¿CÓMO É UN BOSQUE?

 

A pesares das súas duras oríxes e en contra do que se podería agardar, o carácter do Bosque de Noruega é confiado, agarimoso, tranquilo e moi equilibrado.
Debo dicir aquí que en gran parte da bibliografía que puiden consultar acerca de gatos, clasifican esta raza como “gato de exterior non apto para pisos”, e nada máis lonxe da realidade. Esto non mostra máis que un gran descoñecemento da raza e probablemente o autor do libro só vise un Bosque por foto.
O Bosque de Noruega é un gato que se adapta perfectamente á vida nun piso, ademáis non é un gato destrozón, co cal respetará a integridade dos mobles sempre e cando teñamos á súa disposición un poste rabuñador. O único requisito que eu apunto para ter un Bosque nun piso é o de protexer fiestras e balcóns cunha malla, rede ou mosquitera ou calquera sistema que evite que o gato caia o vacío, xa que ó ser unha raza cun forte instinto cazador se lanzará detrás de calquera presa que voe, sen reparar na altura ou o perigo.

 

O Bosque de Noruega é un gato de crecemento lento, que se desenvolve como hasta los dos años de edad, aunque los machos alcanzan la plenitud de forma a los 3 o 4 años.


Para que o gato goce de boa saúde debe ser vacinado e desparasitado (tanto interna como externamente) periódicamente.
Nunca debemos medicar nós mesmos ó gato. Medicamentos que son inocuos en humanos, como a aspirina, poden ser mortáis para o gato. En canto se presente algún problema debemos acudir ó veterinario.
É moi importante que nos deamos conta de que un gato non é un xoguete, é un ser vivo ó que hai que coidar e protexer de tódolos perigos e accidentes posibles. É a nosa responsabilidade o procurarlle unha boa calidade de vida ó noso gato e o comprometernos a coidalo durante tódala súa vida.

A mellor forma de asegurarnos de que noso gato se desenvolva con normalidade é ofrecerlle unha dieta rica e equilibrada. Para esto o máis sinxelo é aportarlle pienso seco de alta calidade e sempre abundante auga a súa disposición.


Aínda que o Bosque de Noruega é un gato de pelo semilongo, os seus coidados non son tediosos. Basta un cepillado e peiteado semanal, tendo especial coidado nas zonas propensas a nudos, como son as axilas, a parte de atrás das orellas e os pololos.
Os Bosques teñen o pelo impermeable, o que os protexe moi ben da choiva e a neve, polo que en parte repele bastante ben a suciedade. De todas formas son gatos que no adoitan temer á auga (a algúns incluso lles gusta especialmente) e se bañan con facilidade, aínda que hay criadores que non son partidarios do baño.
O baño debe realizarse con auga quentiña, como se fora para nós mesmos, sempre cun champú axeitado para gatos. Será máis fácil bañar ó gato agarrándoo pola pel da nuca. Nunca se debe aplicar o champú en círculos, por que liaríamos o pelo. É importante aclarar ben a escuma e despóis aplicar un acondicionador no pelo da espalda e voltar a aclarar moi ben. Débese secar ó gato tanto como sexa posible cunha toalla. Debemos deixar que o gato se seque nunha habitación quente, sen correntes de aire. Algúns gatos adoran o secador de pelo, en cambio outros fuxen nada máis velo. Si estamos preparando o gato para ir a unha exposición deberemos utilizar o secador e procurar alisar o manto, sobre todo na barriga e pololos, que é onde ten máis tendencia a rizarse.

Para asegurarnos de que o noso gato goce dunha boa saúde mental debemos enriquecer a súa vida xogando con él, falándolle moito, compartindo con él noso tempo e facéndolle sentir que é parte da familia.

 

¡¡BOAS NOVAS!!:
Por fin temos en España un centro veterinario que faga
as probas de HCM segundo o formato oficial europeo:
o Hospital Clínico Veterinario Rof Codina, en Lugo.
Se queredes máis información podedes contactar con Miguel,
do criadeiro de Bosques de Noruega Vestvegr.