NÓS

 

Ola, somos Edith e Carlos, dous biólogos apaixoados polos gatos en xeral e polos Bosque de Noruega en particular.

O noso nome de criadores é Jakobusland, rexistrado en FIFé (Fédération Internationale Feline) co nº: 1686.
Tódo-los nosos gatos e gatiños están rexistrados na asociación FIFé española: ASFE (Asociación Felina Española)
da cal somos os socios nº 105 e 275 respectivamente.

Jakobusland comezou a súa andaina no ano 2000, coa adquisizón da nosa primeira Bosque, Fíbi.
Logo chegou o noso primeiro macho, Gynkgo de Tsavo, e da primeira camada de ámbo-los dous
quedamos cunha femia, Areosa Jakobusland. A partires dese intre a familia Jakobusland comezou a medrar.

Somos de Vigo, en Galicia (Noroeste de España) y alí viviamos cos nosos gatos ata que a comenzos de 2005,
por razóns de traballo, mudámomos temporalmente a Estocolmo (Suecia). Como criadores de Bosques de Noruega
aquela foi unha oportunidade ideal para aprender moitísimo dos criadores suecos e dos xuices escandinavos,
ver moitos gatos interesantes e participar cos nosos gatos nas estupendas exposicións suecas.
Gardamos unha lembranza fantástica daquela experiencia e un gran cariño polos nosos colegas suecos :-).

Tras 2 anos en Suecia voltamos a España, vivindo dous anos e medio na zona de Madrid.

Por fin, en Maio de 2009 faise realidade o noso sono de voltar a vivir en Galicia.

Os nosos gatos viven connosco nun ambiente familiar, disfrutan da compaña humana e nos da súa.

O noso obxectivoé criar gatos sans, fortes, cun bo estándar e o mais importante, cun carácter moi agarimoso.

¿POR QUÉ JAKOBUSLAND?

 

 

Durante os séculos IX- XI os vikingos exploraron e asaltaron Galicia a bordo dos seus barcos,
os drakars vikingos, empezando polas costas e chegando ó interior, navegando contra corrente polos ríos.
Aínda hoxe se conservan edificacións construidas para defenderse dos escandinavos, como son as
Torres do Oeste, no río Ulla, á altura de Catoira, que intentaban salvagardar a capital do por aquel entón
Reino de Galicia, que era a rica, culta e poderosa cidade de Santiago de Compostela, obxectivo principal
dos saqueos escandinavos. Hoxe en día pode verse en Catoira un drakkar vikingo/galego fondeado preto
das lexendarias Torres do Oeste, e no mes de Agosto alí se celebra unha Festa Vikinga.

O pobo vikingo dáballe un nome a Galicia: "Jakobusland" (pronunciado iakobusland),
que significa terra de Jacob, é dicir, de Santiago.

En lembranza a estes primeiros escandinavos que nos visitaron, aínda que de forma nada amistosa,
e dado que o Bosque de Noruega é o gato vikingo por excelencia, decidimos tomar por afixo Jakobusland.

Drakkar vikingo en Catoira (Galicia/España)